Oficina CEER
 15-07-2009
O CEER participa na I Reunión de Living Labs

O director da Fundación do Centro de Estudos Eurorrexionais, Carlos Ferrás participou na I Reunión de Laboratorios Cidadáns, denominados Living Labs, por invitación do CitiLab de Cornellá de Llobregat que é un dos centros de innovación pioneiros en Europa que está sendo apoiado pola Universidade Politécnica de Cataluña e pola UOC.

O Citilab-Cornellà é un espazo orientado a activar, impulsar e extender a capacidade creativa e innovadora en tecnoloxía de emprendedores, empresas, cidadáns e cidadás da sociedad da información e o coñecemento.

A presentación do profesor Ferrás xirou arredor da exposición dos fundamentos metodolóxicos das comunidades virtuais conformadas pola Fundación CEER, Infobrion e Granxafamiliar.com; que no seu conxunto conforman plataformas de comunicación 2.0 orientadas a favorecer a comunicación dixital e a innovación social en espacios transfronteirizos, en comunidades rurais, e a impulsar fórmulas de comercio xusto entre o mundo rural e o urbano. Na dita reunión estivo presente a Secretaria de Estado de Centros do Coñecemento do Ministerio de Industria do Goberno español así como a secretaría de traballo da Generalitat de Cataluña.

Na axenda de traballo acordada decidiuse iniciar o proceso constituinte da que será a Rede HispaLab, e propúxese celebrar reunións posteriores en Malaga e Santiago de Compostela. Tamén foi acollida con moito interese a proposta de traballar no marco Ibérico e en poder contar cos Living Labs portugueses no futuro inmediato.