Oficina CEER
 18-07-2009
Plan de Comunicación 2.0: Hoxe recomendamos: Código 2.0

Co afán de continuar difundindo novas relacionadas coa Comunicación 2.0. o experto en informática social, Dario Real (www.twitter.com/darioreal), recomendounos por vía email a lectura dun suxerente libro, títulado Código 2.0. Este libro escrito por Lawrence Lessig, catedrático de dereito e profesor emérito Universitario John A. Wilson na Facultade de Dereito de Stanford. Presidente de Creative Commons é considerado unha das autoridades xurídicas máis reputadas no campo da propiedade intelectual e das liberdades dixitais, a L. Lessig débeselle o deseño das coñecidas licenzas Creative Commons.

O libro Código 2.0 acércanos dunha maneira moi amena e ilustrativa os novos cambios na propiedade intelectual e como debemos enfrontarnos a unha realidade que está mudando o paradigma tradicional de dereitos de propiedade. O envío de información e a transmisión de coñecemento dilúen a autoría en moitos casos, neste libro propóñense remedios para enfrontarnos a esta situación, sen medos, sendo conscientes de que os tempos son chegados, como diría o outro.

Dende aquí, dámoslle as grazas a Dario Real e outros tantos, que nos teñen aconsellado coa Comunicación 2.0, animándolles a continuar.

E aos lectores, deixámosvos aquí unha copia de Código 2.0, aloxada no site de traficantes

Archivos asociados a esta noticia:
application/pdf: Libro Código 2.0