Oficina CEER
 25-03-2010

HORA DO PLANETA 2010

O vindeiro 27 de marzo ás 20:30, únete ao movemento global de loita contra o cambio climático.

No 2009 uns mil millóns de persoas de máis de 4.000 cidades en 88 países participaron no evento. O mundo respondeu de forma incrible, apagando edificios emblemáticos como a Ponte Brooklyn de Nova York, o Empire State Bulding, a Ponte Golden Gate, as Grandes Pirámides de Giza, a Acrópolis e o Partenón en Atenas, a Basílica de San Pedro no Vaticano, o Big Ben e as Casas de Parlamento en Londres, el Palacio de los Elíseos y a Torre Eiffel en París, o Nido de Páxaros e o Cubo de Auga en Beijing, a Sinfonía das Luces en Hong Kong, a Casa da Opera de Sídney e a estatua do Cristo Redentor en Río de Janeiro.

Apagar o interruptor para o evento é unha forma pola que as persoas pódense implicar e esixir acción onde queira que estén. Participar é fácil a través de cousas sinxelas como non usar o teu ordenador ou ver TV.

A Hora do Planeta pretende implicar a máis de mil millóns de persoas e movilizar a 6.000 cidades do mundo para demostrar o apoio global á acción contra o cambio climático. Servirá para demostrar que, actuando xuntos, todos somos parte da solución ao cambio climático.