O dragón representa así a virilidade, o vigor e a fertilidade e é considerado un ser benéfico.Pouco a pouco, esta tradición milenaria foise convertendo nun deporte acuático máis e, gracias ás comunidades chinas no estranxeiro, popularizouse máis alá de Asia.
Oficina CEER
 23-04-2010
OS BARCOS DRAGÓN PORTUGUESES INVADIRÁN O MIÑO

O EVENTO: O vindeiro 22 de maio celebrarase en Tui o “I Trofeo Interuniversitario Eurrexional. Barcos Dragón”, no que participarán 6 equipos de alumnos pertencentes ás 6 Universidades da Eurrexión (Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro, Minho, Porto, Vigo, A Coruña e Santiago de Compostela). Ao longo de todo o día, e para amenizar a xornada, todos os que se acheguen ao lugar poderán disfrutar de diferentes actividades culturais e deportivas gratuítas (Pilates, Esgrima, E-pop, Artes Circenses, Aerobic e Bailes de salón).

A modalidade de competición escollida para o “I Trofeo Interuniversitario Eurorrexional. Barcos Dragón” foi a competición con embarcacións tipo Dragón, embarcacións cunha longa tradición en Portugal, de fácil manexo e gran visibilidade.

Estas curiosas naves son orixinarias de China. Nas súas festividades, son importantes as carreiras de Barcos Dragón. Tipicamente, nestes barcos compiten equipos de ata doce remeiros e teñen tallada unha cabeza de dragón na proa. Esta tradición en Portugal se remonta á segunda metade do século XVI, cando Portugal logrou ocupar a rexión china de Macao, que foi colonia portuguesa ata o 1999. Macao e unha fermosa cidade costeira que se atopa a 40 km de Hong Kong, situada ao outro lado do estuario do río Si-Kiang, onde aínda hoxe se mezclan as civilizacións chinas e occidentales.

As primeiras referencias a estas embarcacións proveñen dunha lenda do século IV antes de Cristo: Fai uns 2400 anos, un notable poeta chino, parlamentario da corte dun cantón daquel país, denunciou ao gobernador. Pero o corrupto mandatario logrou, a través dunha falsa acusación, condenar ao poeta. Para protestar contra a súa condena, Qu Yuan arroxouse ao río Yangzi e deixouse arrastrar pola corrente. Os pescadores saíron na súa busca para evitar que o devoraran as serpes, e ao tempo que tiraban bolas de arroz para saciar aos monstros, golpearon cos seus remos as augas. O dragón representa así a virilidade, o vigor e a fertilidade e é considerado un ser benéfico.

Pouco a pouco, esta tradición milenaria foise convertendo nun deporte acuático máis e, gracias ás comunidades chinas no estranxeiro, popularizouse máis alá de Asia.