Novas

Mantente ao día das nosas novidades e eventos

O Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia Norte de Portugal (CEER) coordina o proxecto Atlantic-POSitiVE (Conservation of Atlantic Pollination services and control of the invasive species vespa velutina), unha iniciativa que está considerada como o maior proxecto de investigación posto en marcha en Europa para frear a avespa asiática (Vespa velutina), cun orzamento de máis de 2,3 millóns de euros e a implicación de dez institucións de España, Portugal, Francia, Irlanda e Reino Unido e a colaboración doutros vinte organismos, entre eles asociacións de apicultores de varios puntos de España, Portugal e Francia.

Atlantic-POSitiVE (Conservation of Atlantic Pollination services and control of the invasive species vespa velutina) é o maior proxecto de investigación posto en marcha en Europa para frear a avespa asiática, cun orzamento de máis de 2,3 millóns de euros e a implicación de dez institucións de España, Portugal, Francia, Irlanda e Reino Unido e a colaboración doutros vinte organismos, entre eles asociacións de apicultores de varios puntos de España, Portugal e Francia. Á fronte do proxecto está o Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia Norte de Portugal, CEER, en colaboración coas universidades de Vigo e Santiago de Compostela, a Dirección Xeral de Patrimonio Natural, o Instituto Vasco de Investigación y Desarrollo Agrario, o Instituto Nacional de Investigação Agrária e Veterinária, a Universidade de Trás-os-montes e Alto Douro, o Institut National de la Recherche Agronomique, a University College Cork e a University of Exeter. O proxecto está cofinanciado polo programa Interreg Atlantic Area, sendo a Universidade de Vigo a institución que xestionará a maior partida, con 470.095,48 €.