Galicia acolleu onte, día 30 de outubro de 2023, a primeira reunión para a posta en marcha do proxecto europeo Green Gap para a promoción das infraestruturas verdes a nivel local, unha iniciativa na que a Fundación CEER é socio beneficiario.
ATLANTIC SUNSET, un innovador proxecto ao redor da valorización turística das postas de sol na fachada atlántica europea acaba de ser aprobado no marco da primeira convocatoria do programa europeo Espazo Atlántico 2021-2027.
A Fundación CEER estivo presente no II Encontro de AECT Ibéricas 2023 organizado pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal
O primeiro acampamento de voluntariado ambiental do río Tins contou con 27 participantes de todas as idades que durante tres días traballaron incansablemente na eliminación de herba da fortuna (Tradescantia fluminensis) e doutras especies de plantas invasoras.
Anuncio da publicación dos primeiros video-tutoriais do proxecto 'Vémonos no Monte!' na canle de YouTube da Fundación Montescola (@Montescola), unha das entidades socias do proxecto.
Primero acampamento de voluntariado ambiental no río Tins, como parte do proxecto Renatur_Outes. Durante tres días, os participantes coñecerán de primeira mán a situación do río Tins no seu treito urbán e participarán en actividades para a sua renaturalización.