Novas

Mantente ao día das nosas novidades e eventos

No marco da Celebración do 50º aniversario do CEIP de Outes, o venres 16 de xuño levaremos a cabo unha actividade aberta á participación de toda a comunidade escolar e persoas interesadas: "ALÉN DO PATIO. Mapeo emocional do río Tíns".

O proxecto ATLANTIC_POSITIVE remata o 30 de xuño de 2023. Durante tres anos, un equipo multidisciplinar no que participan 10 institucións de España, Portugal, Francia, Irlanda e Reino Unido, en colaboración con outras 20 organizacións, incluíndo universidades, centros de investigación, administracións e os produtores puideron poñer en marcha o proxecto máis ambicioso posto en marcha ata o momento a nivel europeo para tratar de deter a avespa asiática e preservar poboacións autóctonas de polinizadores.