Novas

Mantente ao día das nosas novidades e eventos

Inicio das accións de eliminación e control de especies exóticas invasoras na contorna do río Tins, dentro do proxecto Renatur_Outes. Nesta 1ª xornada a intervención centrarase na eliminación de varias manchas de acacia negra, exemplares individuais de mimosa e de falsa acacia, todo mediante a técnica do descascado.

O vernes 12 de maio terá lugar en Outes unha xornada de cartografíado de especies exóticas invasoras na contorna do río Tins, dentro do proxecto Renatur_Outes. Os participantes aprenderán a utilizar de xeito práctico ye sinxelo a app iNaturalist que permite identificar e xeorreferenciar especies. Esta app pode descargarse gratuítamente no tfno. móbil.

Entre os días 28 de abril e 1 de maio terá lugar no Parque Natural da Serra da Estrela, en Portugal, un acampamento transfronteirizo organizado desde o proxecto europeo Erasmus+ “Vemo-nos no monte!”. Durante tres días, máis de medio cento de participantes de distintos puntos de Galicia e Portugal participarán en accións prácticas de eliminación de especies exóticas invasoras, sesións de formación e debate e un foro de iniciativas cívicas na zona cero dos incendios que afectaron o centro de Portugal o verán pasado.

O sábado 15 de abril inícianse en Outes as intervenciones de voluntariado ambiental para a renaturalización do río Tins, no marco do proxecto Renatur_Outes. Nesta primeira xornada plantaranse medio cento de ameneiros (Alnus glutinosa) nas marxes do río, co obxectivo de minimizar a erosión nos periodos de inundacións e restaurar o hábitat prioritario de bosque de ribeira.