Novas

Mantente ao día das nosas novidades e eventos

O venres 15 de decembro celebrarase, a partir dás 17:00 no Centro Social da Serra de Outes, o Foro do río Tins no marco do proxecto ReNatur_Outes. Trátase dunha actividade aberta a todo o público coa que se quere dar voz á veciñanza e ao tecido asociativo local para que esta sexa partícipe nas estratexias de conservación e mellora do espazo fluvial.

O pasado 31 de agosto rematou o proxecto europeo 'Vémonos no Monte!', seleccionado para ser financiado na convocatoria 2021-22 da categoría do Programa Erasmus+ de “asociacións a pequena escala” (KA2). Coordinado pola Fundación CEER e desenvolvido no ámbito da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal.